Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA PERMITIRÁ REABRIR A HOSTALERÍA CON LIMITACIÓNS NOS AFOROS E HORARIOS A PARTIR DO VINDEIRO VENRES
Os establecementos de hostalería da cidade poderán reabrir dende as 00.00 horas do venres cun aforo máximo do 50% nas terrazas, ata as 17.00 horas e cun máximo de catro persoas por mesa, convivintes ou non
Narón, 2 de decembro de 2020. A Xunta de Galicia anunciou que o Concello de Narón entrará nun peche individual -á marxe do perimetral no que se manteñen Ferrol, Neda e Fene- decretado como medida preventiva e tamén que dende as 00.00 horas do vindeiro venres, día 4, permitirase a reapertura do sector hostaleiro pero con limitacións. No caso de Narón, tal e como indicaron, as novas limitacións implican a reapertura das terrazas –non o consumo no interior dos locais- como máximo ata as 17.00 horas, cun tope do 50% de aforo e donde poderán estar ata catro persoas por mesa, convivintes ou non convivintes. Esas mesmas medidas aplicaranse tamén ao municipio de As Pontes, atendendo aos datos de incidencia de positivos acumulada en 14 días. No que respecta á comarca, nos concellos de de Ferrol, Fene e Neda a hostalería poderá reabrir ao 30% de aforo no interior e ao 50% nas terrazas, debendo respectar o máximo de catro persoas por mesa, convivintes ou non. Así mesmo, no concello de Ares, tras recuperar a mobilidade os locais de hostalería poderán reabrir co aforo de ata o 50% no interior e o 75% no exterior, ata as 23.00 horas e con grupos de ata seis persoas como máximo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal