Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UN OBRADOIRO DE SUSHI E ALGAS QUE SE IMPARTIRÁ NO CENTRO CÍVICO SOCIAL DO VAL
As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente por correo electrónico, tal e como indicou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 6 de decembro de 2020. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, anunciou a apertura do prazo de inscrición nun obradoiro de sushi e algas que se celebrará os días 12 e 13 de decembro, de 10.00 a 14.00 horas no Centro Cívico Social do Val. As prazas están limitadas debido á situación sanitaria e as persoas interesadas poden anotarse ata o vindeiro día 10 a través do correo electrónico: promocioneconomica@naron.es, donde deben indicar o nome e apelidos e un teléfono de contacto. O Concello organiza a convocatoria en colaboración coa Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, a Asociación Agroforestal Terra Rendible e a Confraría de Mariscadores de Barallobre. Ademais, a actividade conta co patrocinio do Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ártabro, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca. O edil naronés animou ás veciñas e veciños a anotarse neste obradoiro, que se desenvolverá cumprindo todas as indicacións sanitarias de prevención da Covid-19.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal