Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE MAÑÁ O CONCERTO DE JOHN LEE SANDERS & THE MESSENGERS GOSPEL CHOIR
As entradas dispoñibles, ata completar o aforo de 250 persoas, poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 22 de decembro de 2020. O Pazo da Cultura acolle mañá ás 20.30 horas o concerto de John Lee Sanders & The Messengers Gospel Choir. Esta tradicional cita co gospel no Pazo da Cultura cada final de ano achegará ao público ao estilo do cantante, compositor e saxofinista americano John Lee Sanders, que interpreta música para persoas de todas as idades e da banda The Gospel Messengers. Á voz e o piano de John Lee Sanders súmanse Nick Sullivan (baixo), Akin Onasanya (batería), Gecko Turner (guitarra, percusión e teclado) e Deborah Ayo & Astrid Jones nos coros. As entradas dispoñibles, ata completar o aforo de 250 persoas, teñen un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante. Poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es