Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE 300 ESCOLARES DE OITO CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARTICIPARON NAS "III OLIMPÍADAS ESCOLARES VIRTUAIS"
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, felicitou aos gañadores e agradeceu a colaboración das persoas e empresas que se implicaron nesta iniciativa
Narón, 22 de decembro de 2020. Un total de 273 alumnas e alumnos de quinto e sexto curso de educación Primaria de oito centros de ensino da cidade participaron na terceira edición das “Olimpíadas Escolares Virtuais” organizadas polo Concello. O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, agradeceu a implicación do alumnado e do persoal dos centros de ensino, xuíces, Confederación Nacional de Autoescuelas e empresas colaboradoras “para poder celebrar un ano máis estas olimpíadas, este ano adaptadas á situación sanitaria pero que novamente tiveron unha excelente acollida”. Romero felicitou a todos os participantes e, en especial ao alumnado do colexio da Gándara, que obtivo o primeiro premio. Este ano participou nesta proposta do Equipo de Educación Viaria de Narón alumnado de quinto de educación Primaria dos colexios Ponte de Xuvia, Piñeiros, O Feal, A Solaina e Virxe do Mar e de sexto curso do Jorge Juan, A Gándara e Ayala. As diferentes probas destas olimpíadas comezaron a desenvolverse o pasado mes de outubro, cunha fase teórica que maioritariamente se levou a cabo a través da plataforma Zoom. A continuación, dende mediados deste mes tivo lugar a parte práctica, na que o alumnado realizou un circuíto de habilidade no que participaban unha alumna e un alumno por cada centro. A fase final realizouse a pasada semana, tamén a través da plataforma Zoom, e na mesma participaron tres rapazas e tres rapaces de cada centro escolar, elixidos dende os propios colexios. Co resultado da puntuación do test teórico e do circuíto de habilidade obtívose a puntuación de cada un dos centros. No teórico os participantes abordaron varias áreas: Educación Viaria, Matemáticas e inglés aplicados á Educación Viaria, Medio ambiente e sostibilidade e Patrimonio do Concello. En canto á clasificación da final, o primeiro lugar foi para o alumnado da Gándara e de segundo e terceiro quedaron os de Ponte de Xuvia e A Solaina, respectivamente. En canto aos premios, entregaranse drons, un ano gratuíto de alugueiro dunha bici; menús para unha clase e tamén xogos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal