Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REFORZARÁ A VIXILANCIA POLICIAL CON AXENTES UNIFORMADOS E DE PAISANO DURANTE A TEMPADA DE NADAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, incidiu en que o operativo se centrará en garantir o cumprimento das medidas sanitarias establecidas para frear o avance da Covid-19
Narón, 22 de decembro de 2020. O Concello de Narón reforzará a vixilancia con policías uniformados e de paisano durante a tempada de Nadal. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que indicou que o Consistorio conta co pertinente permiso da subdelegación do Goberno para que policías de paisano formen parte do operativo especial que velará polo cumprimento de todas as medidas sanitarias, incluído o toque de queda e os desprazamentos no peche perimetral que afecta a Narón. Os axentes uniformados e de paisano centrarán o seu labor en percorrer as vías da cidade, establecendo os pertinentes controis, e tamén prestando especial atención ás zonas de maior afluencia de xente para intensificar a vixilancia naqueles casos de posibles infractores da normativa establecida para evitar a propagación da Covid-19. “O feito de que unha parte dos controis os realicen axentes que non irán uniformados permitirá levar a cabo uns controis máis exhaustivos do cumprimento das normas vencelladas aos aforos, horarios, traslados…e, en definitiva, sancionar calquera comportamento incívico que poña en risco a seguridade e saúde das persoas”, recalcou Ferreiro. A alcaldesa indicou que esta mañá o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, asistiu á xuntanza que vía telemática mantivo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con responsables da Policía Local dos concellos de Galicia e na que se informou sobre as liñas de actuación decretadas dende a administración autonómica. Finalmente, Ferreiro fixo un chamamento á responsabilidade individual para que as veciñas e veciños respecten todas as normas establecidas co fin de frear o avance desta pandemia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal