Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO MÉRCORES O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, destacou o feito de que dende o goberno local se convoquen xa os primeiros cursos que se levarán a cabo no ano 2021 dirixidos a veciñas e veciños da cidade
Narón, 28 de decembro de 2020. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición, o vindeiro mércores día 30, nun curso de Prevención de riscos laborais (nivel básico). A convocatoria, indicou, diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas, empadroadas en Narón e que non teñan concedido outro curso do programa municipal de Formación coincidente temporalmente na realización nin conten cunha avaliación negativa en cursos da citada programación neste mesmo sector nos últimos tres anos. A edil naronesa destacou o feito de que “antes de rematar o ano poidamos estar xa convocando cursos da programación que dende a área de Formación levaremos a cabo en 2021”. Hermida avanzou que o curso consta dun total de 72 horas, das que 60 serán específicas de Prevención de riscos laborais e as 12 restantes corresponderanse con módulos adicionais. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo; riscos xerais e a súa prevención; riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa; elementos básicos de xestión de prevención de riscos laborais; e primeiros auxilios forman parte dos contidos a abordar neste curso. A maiores, tamén se inclúen contidos sobre sensibilización medioambiental e perspectiva de xénero e impartiranse tres charlas relacionadas coa empregabilidade no sector naval, a implementación das medidas de prevención e a revisión dos EPIs e o seu mantemento. A convocatoria desenvolverase previsiblemente do 18 de xaneiro ao 12 de febreiro nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. O horario previsto é de 9.30 a 13.30, de luns a venres, agás a última semana, que será de 10.00 a 13.00 horas. A concelleira de Formación indicou que hai un total de quince prazas e que as inscricións poden presentarse dende o vindeiro mércores ás 8.30 horas ata o 11 de xaneiro ás 13.30 no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica ou a través de calquera dos outros medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición e o listado provisional de persoas admitidas, suplentes e excluídas publicarase na Sede Electrónica do Concello, se ben as seleccionadas serán informadas telefónicamente da súa admisión para a confirmación da praza. Para recibir máis información pódese consultar a páxina web do Concello ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal