Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA ANUNCIA QUE O CONCELLO DE NARÓN PASA AO NIVEL MEDIO DE RESTRICIÓNS E MANTÉN UN PECHE PERIMETRAL INDIVIDUAL
Resposables da Consellería de Sanidade trasladaron a información á alcaldesa, Marián Ferreiro, indicando que as novas medidas entrarán en vigor ás 00.00 horas de mañá martes
Narón, 4 de xaneiro de 2020. A Xunta de Galicia anunciou esta tarde que o concello de Narón pasará ao nivel medio de restricións e manterá un peche perimetral individual, que na práctica supón que non se poderá entrar nin saír de Narón salvo causas xustificadas. O comité clínico que realiza o seguimento da evolución da Covid-19 reuniuse esta tarde e trasladou a información á alcaldesa, Marián Ferreiro, indicándolle que a medida entrará en vigor ás 00.00 horas de mañá martes, se ben se asegurou que se publicará o conxunto das medidas hoxe mesmo no Diario Oficial de Galicia. O vindeiro venres, día 8, volverase a reunir o comité clínico para valorar a decisión de manter as restricións vixentes en toda Galicia, para así poder avaliar a situación epidemiolóxica tralas medidas adoptadas polas festas de Nadal e Fin de ano, tal e como se indicou dende a administración autonómica. Ante esta situación os grupos para desenvolver actividades ou eventos de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou privado quedan limitados a seis persoas. Así mesmo, en canto á hostalería, o aforo no interior limítase ao 40% e nas terrazas ao 50%, non se permite o consumo en barra e a ocupación máxima será de seis persoas por mesa ou por agrupación de mesas. Os locais de hostalería poderán ampliar a súa hora de peche ata as 23.00 horas. En canto á Cultura e o deporte, os eventos limítanse a un aforo de 500 persoas no interior e 1.000 en exterior, segundo figura nas indicacións da administración autonómica.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal