Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL "DREAMING JULIET"
A compañía Elefante Elegante será a encargada de representar esta peza de teatro musical o venres 15 e o sábado 16
Narón, 11 de xaneiro de 2021. A compañía Elefante Elegante representará esta fin de semana no Pazo da Cultura a obra “Dreaming Juliet”, unha peza de teatro musical que se poderá ver o venres 15 -20.30 horas- e o sábado 16 -20.00 horas-. As entradas están á venda na billeteira do Pazo, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O espectáculo inspírase na peza “Romeo e Xulieta”, de William Shakespeare e durante algo máis dunha hora abórdase unha única cuestión, o amor. A paixón, a familia e a maternidade son os temas propios desta obra, a través da que se pretende facer reflexionar ao público sobre o futuro de Romeo e Xulieta no caso de que non morresen, formasen unha familia e se enfrontasen á rutina diaria.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal