Membros do goberno municipal comprobaron o resultado final destos traballos
O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e os concelleiros de Servizos Sociais Xerais e Infancia (Miguel Hermida) e Deportes, Participación Cidadá e Mocidade (Natalia Hermida), percorreron hoxe as rúas María Pita e Valle Inclán, en A Gándara, co obxecto de comprobar o estado final das mesmas logo de realizar unha importante labor de mellora.
Os traballos consistiron na reposición e instalación do abastecemento, saneamento e pluviais nestas dúas rúas, que lucen xa un novo aspecto logo de haberse renovado as beirarrúas e asfaltado o seu pavimento. As obras son financiadas co cargo ó Fondo Local de Inversión –Plan E-.
Ambos traballos foron realizados pola empresa Cuiña. A actuación na rúa María Pita foi adxudicada por 146.273 euros –o que supón unha baixa de 6.892€ respecto ó presuposto de licitación-, e a da rúa Valle Inclán adxudicouse por 146.291€ -cunha baixa de 6.096€-.