Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA INCLÚE A NARÓN E OUTROS CINCO CONCELLOS DA COMARCA NO NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS
As novas medidas entrarán en vigor na madrugada do vindeiro xoves ao venres e manteranse activas inicialmente ata mediados de febreiro
Narón, 13 de xaneiro de 2021. A Xunta de Galicia anunciou esta mañá as novas restricións para Galicia con motivo do avance da pandemia pola Covid-19. O Concello de Narón pasará ao nivel máximo de restricións dende a madrugada do xoves ao venres inicialmente ata mediados do vindeiro mes de febreiro. Nese mesmo nivel estarán na comarca os municipios de Ferrol, Fene, Cabanas, Pontedeume e Ortigueira, se ben o resto de Ferrolterra, Eume e Ortegal quedarán no nivel medio-alto, con menos restricións e sen peche perimetral. En xeral, o toque de queda fixouse ás 22.00 horas, unha antes do que se mantiña ata o momento, e quedan prohibidos os traslados entre concellos agás por motivos xustificados: sanitarios, laborais, educativos, para o coidado de persoas maiores ou menores e para as necesidades comerciais indispensables. Os concellos no nivel máximo de restricións, como Narón, Ferrol, Fene, Cabanas, Pontedeume e Ortigueira, quedarán aillados de forma individual, non permitíndose a mobilidade entre eles salvo para as excepcións anteriormente indicadas. A maiores, os establecementos de hostalería non poderán atender no interior e o aforo das terrazas no exterior reducirase ao 50% con peche obrigatorio ás 18.00. En canto ao comercio, o aforo nos locais será do 30% no nivel de máxima restrición –no medio-alto do 50%- e as zonas comúns quedarán reservadas exclusivamente para o tránsito de persoas. Tamén en xeral, as reunións, tanto de carácter público como privado limitaranse dende a madrugada do xoves ao venres a catro persoas e os comercios deberán pechar como máximo ás 21.30 horas e a restauración ás 18.00 horas, salvo para o servizo a domicilio. Recoméndase restrinxir a interacción social e que os encontros se limiten ás unidades de convivencia. En espazos de uso público, pechados ou ao aire libre, a permanencia de grupos condiciónase a que non se superen as catro persoas, excepto no caso de que sexan convivintes. Nos espazos de uso privado quedará condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, excepto que se trate de convivintes.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es