Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE MEDIO CENTO DE PERSOAS PODERÁN RECOLLER OS DIPLOMAS DE CURSOS FORMATIVOS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, destacou que os nove cursos dos que se entregan os diplomas supuxeron algo máis de 2.200 horas formativas para persoas da cidade
Narón, 19 de xaneiro de 2021. Un total de 61 persoas que realizaron cursos do Programa Municipal de Formación e Cemit que remataron nos meses de novembro e decembro do pasado ano poden recoller os seus diplomas. A concelleira responsable da área, Natalia Hermida, recordou que “debido á actual situación sanitaria non podemos entregalos conxuntamente, polo que xa se citou ao alumnado para entregarllos individualmente”. Os 48 diplomas correspondentes ás accións formativas de Carnizaría-Chacinaría; Xestión de almacén-Loxística; Reposición e caixa; Produción ecolóxica e comercialización; Servizos básicos de restaurante e bar e Instalación de parqué e tarima. Lixado e vernizado entregaranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. En canto aos restantes 13 diplomas dos cursos Cemit de Preparación para o CODIX, Trámites en Sede Electrónica e Ofimática Básica, realizados na Aula Cemit de Xuvia, entregaranse no Servizo Sociocomunitario, no primeiro andar do Concello. “En total impartíronse a través deses cursos preto de 2.200 horas de formación a persoas de Narón, ofrecendo unha oferta moi diversificada e que abrangue diferentes sectores e tamén nalgúns casos con formación práctica para o que novamente agradecemos dende o Concello a colaboración das empresas”, subliñou a edil naronesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal