Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COFINANCIARÁ CON CARGO AO POS+ 2021 INVESTIMENTOS NA CIDADE POR IMPORTE DE 2,2 MILLÓNS DE EUROS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou que se materializarán proxectos e se mellorarán instalacións que permitirán ampliar a oferta de servizos á cidadanía na zona urbana e rural
Narón, 21 de xaneiro de 2021. O Concello de Narón cofinanciará con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) 2021 da Deputación da coruña investimentos na cidade por un importe conxunto de 2,2 millóns de euros. A maiores, o Concello tamén participará no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS+ Adicional), recibindo da administración provincial unha partida de 340.038 euros que se destinará ás áreas de Acción Social e Dependencia. As actuacións a levar a cabo abordáronse esta mañá no transcurso da Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que con cargo ao POS+ 2021 na área de investimentos, entre outras, se levarán a cabo as obras de acondicionamento do local para o Club de piragüismo de Narón e tamén do edificio para fomento e apoio de actividades deportivas na Gándara. Así mesmo, procederase a avanzar na dotación de servizos, concretamente de saneamento, ampliando a rede no Camiño da Fonte, e procederase a reparar a capa de asfalto de varios viais da zona rural, entre eles os de Río Bello, Rapadoiro, A Mata, Barcelo, Pormariño e Rapaxote. A maiores tamén se levarán a cabo importantes investimentos como a execución de obras de accesibilidade e mellora da rúa Marcial Calvo, o acondicionamento do edificio de servizos na Feira do Trece, en Sedes, melloras de accesibilidade no edificio do xulgado de Narón, en Xuvia, o acondicionamento do local social do Alto e a ampliación da rede de saneamento na parroquia de Sedes, no lugar do Pereiro. “Todas estas obras suporán un importante investimento cofinanciado pola administración provincial e local, que nos vindeiros meses permitirá materializar unha serie de proxectos e actuacións impulsadas dende o goberno local e que mellorarán instalacións e a oferta de servizos á veciñanza de Narón”, destacou a alcaldesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal