Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DO INEGA PARA FOMENTAR O USO DE ENERXÍAS RENOVABLES
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou que estas axudas se dirixen a empresas do sector industrial e de servizos e tamén ás de produción agrícola primaria
Narón, 22 de xaneiro de 2021. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) convoca dúas subvencións encamiñadas a incentivar o uso e coñecemento das enerxías renovables. Unha delas, que se poderá solicitar ata o 15 de outubro deste ano é para realizar auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos e a outra, con prazo de solicitude ata o 15 de febreiro deste ano, debe destinarse a proxectos de equipamentos de aproveitamentos de enerxías renovables e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. En canto ás dirixidas ás empresas dos sectores industrial e de servizos, a información ao completo sobre as mesmas pode consultarse a través do enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN417Y&ano=2021&numpub=1&lang=gl e as reservadas para empresas de produción agrícola primaria en: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN421L&ano=2021&numpub=1&lang=gl. O obxecto destas convocatorias, as obrigas dos solicitantes e os requisitos para poder acceder ás mesmas detállanse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, a través dos citados enlaces.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal