Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINARÁ UNHA PARTIDA DE 33.000 EUROS A INSTALAR ALUMEADO LED NA ESTRADA DO FEAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que a materialización do proxecto cumpre un compromiso adquirido no seu día coas veciñas e veciños da zona
Narón, 22 de xaneiro de 2021. O Concello acometerá no primeiro trimestre do ano a substitución do alumeado público da estrada do Feal, a DP-5407. “Destinaremos unha partida de 33.000 euros a instalar alumeado led neste vial, que comunica a zona de O Ponto coa do polígono de As Lagoas”, explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro. A rexedora local recordou que a materialización deste proxecto suporá o cumprimento dun compromiso adquirido no seu día dende o goberno local coa veciñanza da zona. “A partida orzamentaria xa está reservada para poder acometer uns traballos que nos permitirán continuar avanzando en materia de eficiencia enerxética en todo o termo municipal”, indicou. A alcaldesa destacou que ás melloras medioambientais pola redución de emisións de dióxido de carbono á atmósfera e ás económicas polo aforro de custes tanto na factura da luz como no mantemento, “súmase o feito de que a iluminación terá máis calidade neste vial, cunha elevada densidade de tráfico a diario e no que se localizan varias vivendas e un centro de ensino”. Así mesmo, Ferreiro recalcou que “dende o goberno local continuaremos urxindo á Deputación da Coruña, titular do citado vial, que se axilice o proxecto de mellora da estrada do Feal, co que nos comprometemos tamén a colaborar dende o Concello para que canto antes sexa unha realidade”. A rexedora local incidiu na importancia de anchear o vial e dotalo de beirarrúas, “para así ofrecer maior seguridade tanto no referente ao tráfico rodado como ao tránsito peonil”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal