Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN PECHOU OS PARQUES INFANTÍS E BIOSAUDABLES ANTE O EMPEORAMENTO DA PANDEMIA
Os municipios da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol acordaron unha serie de medidas no marco das restricións derivadas da Covid-19
Narón, 28 de xaneiro de 2020. O Concello de Narón pechou todos os parques infantís e biosaudables do termo municipal debido ao empeoramento da pandemia pola Covid-19. No caso da cidade, ademais de acordoar estas instalacións para evitar o acceso ás mesmas, procedeuse a colocar sinalización en cada un deles advertindo que permanecen pechados debido á alerta sanitaria. Os alcaldes dos nove municipios que forman parte da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol acordaron onte á tarde coordinar medidas respecto dos parques infantís no marco das restricións derivadas da Covid-19 e tendo en conta a gravidade da actual situación. Os rexedores analizaron conxuntamente as opcións en relación ao uso destes espazos adicados ao lecer dos nenos e nenas e finalmente decantáronse maioritariamente por pechalos, de xeito que, ao igual que en Narón, nos concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Neda e Valdoviño non será posible acceder a estas instalacións. Ao estudar o asunto tívose en conta que, se ben é importante que os concellos da Mancomunidade coordinen as súas decisións, cada un pode presentar características e situacións distintas e necesitar adoitar medidas diferentes, como nesta ocasión foi o caso de Mugardos, un dos municipios de menor extensión da provincia, polo que nese concello os parques infantís permanecerán abertos. A orde da Xunta de Galicia do pasado martes establece que os parques infantís poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados da área total do recinto e que deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire á limpeza e desinfección diarias dos xogos e outro mobiliario urbano de uso compartido. Pero nesta ocasión os alcaldes tamén tiveron en conta a gravidade da situación que soporta a área sanitaria de Ferrol durante as últimas semanas e a necesidade perentoria de interromper a cadea de contaxios.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal