Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA REPROGRAMA TODOS OS ESPECTÁCULOS PREVISTOS PARA ESTE MES DE FEBREIRO
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, asegurou que a mellor opción debido á actual situación sanitaria é reprogramar todos os espectáculos deste mes aínda que despois do 17 se puidesen reducir as restricións en vigor pola Covid-19
Narón, 3 de febreiro de 2021. O Padroado da Cultura acordou reprogramar os espectáculos que se mantiñan para este mes de febreiro debido á actual situación sanitaria. Así o avanzou a alcaldesa e presidenta do citado organismo, Marián Ferreiro, que indicou que “debido ao avance desta pandemia pola Covid-19 continuamos reprogramando os espectáculos previstos este mes, convocando novas datas en coordinación coas compañías para poder levalos a cabo en canto as restricións sanitarias sexan menores”. A representación da obra “A lingua das bolboretas”, de Sarabela Teatro, que estaba programada para este venres e o sábado 6 –ás 20.30 e 20.00 horas respectivamente- terá lugar o venres 30 de abril ás 20.30 e o sábado 1 de maio ás 20.00. En canto ao concerto de Carla Green & The Demons, de Músicos ao Vivo Sociedade Cooperativa Galega, que ía ter lugar o vindeiro venres día 12 ás 20.30 horas no Café Teatro do Pazo, tivo que suspenderse, tal e como xa se anunciou, ante a imposibilidade de fixar polo momento unha nova data. A comedia “Melancoholemia”, de Con de Tres Pés, programada para o sábado 13 ás 20.00 horas, poderase ver o día 17 de abril, tamén ás 20.00. Así mesmo, seguindo a programación que estaba deseñada, procedeuse a reprogramar os tres espectáculos seguintes deste mes de febreiro: a obra “Principiantes”, de Todas las mujeres AIE que prevista para o venres 19 terá lugar os días 11 e 12 de xuño; “Quixote”, de Pedras de cartón, programada para o domingo 21 será o 9 de maio e “Yo, la peor del mundo”, de Vaivén Producciones” pasará do 27 de febreiro ao 10 de abril. Finalmente, tal e como tamén se avanzou a pasada semana, a obra “Don Gaiferos”, de Os Monicreques de Kukas”, que estaba programada para o 28 de febreiro, pechando a programación cultural deste mes no Pazo, trasladouse ao 18 de abril. O importe das entradas xa vendidas para estes espectáculos abonarase, no caso de así solicitalo, no mesmo método no que se realizou o pago, ata o propio día no que estaba programada inicialmente a función. . Aqueles que poidan acudir na nova data deberán conservar as entradas xa adquiridas, que serán válidas. Para máis información sobre o procedemento pódese chamar ao despacho de billetes do Pazo, ao número de teléfono 981 102 897 ou escribir un correo electrónico á dirección de correo electrónico: taquilla.pazo@naron.es. “As instalacións do Pazo da Cultura permanecen pechadas ao público ata dentro dun par de semanas pero como medida de prevención e tendo en conta a actual situación sanitaria, a maiores dos espectáculos reprogramados xa a pasada semana incluímos agora os previstos para despois do 17 deste mes independentemente de que as restricións poidan ser algo menores a partir desa data porque consideramos que a mellor opción é reprogramalos e deixar o Pazo sen actividade cultural alomenos durante todo febreiro”, explicou a alcaldesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal