Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA ALSA REDUCIRÁ OS SERVIZOS DE TRANSPORTE DURANTE AS FINS DE SEMANA E FESTIVOS DEBIDO Á PANDEMIA DA COVID-19
A concelleira de Transporte Público, Mar Gómez, indicou que a medida se comezará a aplicar o vindeiro sábado, día 13, tal e como trasladou ao Concello a empresa concesionaria do servizo
Narón, 11 de febreiro de 2021. A concelleira de Transporte Público, Mar Gómez, indicou que atendendo ás comunicacións da empresa Alsa, concesionaria do servizo de transporte público regular interurbano de viaxeiros, a partir deste sábado, día 13, reduciranse os servizos ofertados durante as fins de semana e días festivos. A compañía informou que en cumprimento da resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do pasado 3 de febreiro adoptouse esta medida en relación coa Covid-19 “atendendo sempre ás ocupacións reais das liñas, mantendo un servizo de ida e volta en todas elas e poñendo especial coidado na atención aos centros hospitalarios e aos horarios das traballadoras e traballadores dos mesmos”. Esta medida do transporte metropolitano afecta tamén a varias liñas do servizo que a empresa presta na cidade, podendo consultarse todas as modificacións que entrarán en vigor a través do seguinte enlace: http://www.naron.es/web/docs/HORARIOS_ALSA_REDUCCION_COVID.pdf. A concelleira de Transporte Público recordou que o pasado mes de xaneiro se enviou dende o Concello á Xunta un escrito do Colectivo de Transportes de Traballadores e Funcionarios das distintas administracións públicas e outros organismos no que manifestaban unha serie de queixas, compartidas dende o Consistorio, polos prexuízos derivados do cambio de concesión no servizo de transporte en autobús da liña Ferrol-A Coruña. Usuarias e usuarios deste servizo reclaman a equiparación dos bonos de transporte metropolitano para as persoas que utilizan con frecuencia, debido a motivos laborais ou por estudos, a liña Ferrol-A Coruña-Ferrol, debido a que na actualidade as persoas que viaxan dende Ferrol dispoñen dun bono de 26 viaxes abonando 27 euros, e a opción máis económica para os de Narón é un bono que custa 50 euros. Así mesmo, tal e como se trasladou á Xunta de Galicia, o cambio de concesionaria supuxo a supresión de varias paradas e rutas, polo que dende o Concello se urxe que se repoñan á maior brevidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal