Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO A CARLOS SORIA, NOVO COMISARIO DO CORPO NACIONAL DA POLICÍA
Marián Ferreiro e Carlos Soria mantiveron unha primeira toma de contacto nunha reunión na que tamén estiveron presentes o concelleiro de Seguridade Cidadá e SPEIS, Román Romero, e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita
Narón, 11 de febreiro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a recepción ao novo comisario xefe da Policía Nacional na Comisaría de Ferrol-Narón, Carlos Soria. O acto tivo lugar hoxe no despacho da Alcaldía e no mesmo estiveron tamén presentes o concelleiro de Seguridade Cidadá e SPEIS, Román Romero, e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita. Ferreiro deu a benvida ao novo responsable da Comisaría de Ferrol-Narón e trasladou a importancia de manter a coordinación existente entre os diferentes Corpos de Seguridade tal e como se vén facendo e destacou o traballo que se realiza neste ámbito dende a citada comisaría. A alcaldesa da cidade aludiu, a modo de exemplo, ao traballo desenvolvido conxuntamente para levar a cabo tarefas derivadas do control da pandemia pola Covid-19, como o control dos perímetros, o reparto de máscaras no transporte público… “que foi posible precisamente grazas a esa coordinación entre a Policía Nacional e Local e que contou tamén co respaldo da Garda Civil en determinadas actuacións”. A reunión foi unha primeira toma de contacto na que a alcaldesa e o comisario intercambiaron unhas valoracións iniciais sobre a cidade e que Ferreiro tamén aproveitou para reiterar o ofrecemento da colaboración do Concello. Carlos Soria substitúe no cargo a Jorge Rubal, excomisario de Ferrol-Narón e que o pasado ano cambiou de destino ao ser nomeado xefe da Unidade do Corpo de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal