CORTE AO TRÁFICO DUN TRAMO DA AVENIDA GONZALO NAVARRO PARA ACOMETER OBRAS DE MELLORA NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Román Romero, indicou que o corte será efectivo dende as 8.00 horas do vindeiro mércores ata as 18.00 horas do xoves día 18
Narón, 15 de febreiro de 2021. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Román Romero, anunciou que o vindeiro mércores, día 17, se cortará ao tráfico rodado un tramo da avenida Gonzalo Navarro (polígono de Río do Pozo), á altura da rotonda coa avenida Bernardo Romero, debido a que se realizarán obras de mellora na subministración eléctrica. O edil naronés indicou que a medida será efectiva dende as 8.00 horas do mércores ata as 18.00 horas do xoves 18 e explicou que o corte afectará ao carril de circulación que vai dende a estrada de Cedeira cara á rotonda, non afectando á circulación rodada na citada glorieta.
Romero avanzou que se habilitarán accesos alternativos, neste caso a través do polígono de As Lagoas pola rúa Lagoa de Fonmiña ou polo vial Lagoa de Baldaio. O aviso do corte estará debidamente sinalizado.