Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA MANTÉN O NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS EN GALICIA CON ALGUNHAS NOVIDADES QUE ENTRARÁN EN VIGOR O VINDEIRO MÉRCORES
As novidades afectan ao sector comercial, ás residencias de maiores e centros de discapacitados e ás áreas de educación, cultura e deporte
Narón, a 15 de febreiro de 2020. A Xunta de Galicia anunciou hoxe os cambios nas restricións pola pandemia derivada da Covid-19 e acordadas polo comité clínico. En Galicia manteranse o toque de queda de 22.00 a 6.00 horas, os peches perimetrais en vigor nos concellos de xeito individual, a hostelería manterase pechada, coa única excepción do servizo a domicilio ou de recollida e as estacións de servizo que poderán atender aos profesionais do transporte, e as reunións tamén se manteñen limitadas a convivintes. No comercio, os establecementos poderán pechar no seu horario habitual, o que mantiñan antes da entrada en vigor das últimas restricións, e os centros comerciais continuarán pechados as fins de semana. A maiores, reabriranse as bibliotecas e as instalacións culturais, cun aforo do 30% da súa capacidade; e tamén as instalacións deportivas ao aire libre para a práctica de deportes individuais e retomarase a competición federada autonómica. As clases presenciais en conservatorios de música e danza, escolas de idiomas... poderanse impartir a partir do 22 de febreiro de xeito presencial e as universitarias dende o 1 de marzo. En canto ás residencias de maiores que completasen a inmunización hai alomenos dez días poderanse realizar tres visitas semanais de dous familiares de referencia e nos centros de discapacidade que cumpran ese mesmo requisito volveranse a programar saídas. Estas novas medidas do inicio da desescalada entrarán en vigor o vindeiro mércores, día 17, se ben o comité clínico se reunirá de novo o luns 22 para analizar a evolución da pandemia e, en función dos datos epidemiolóxicos, estudar a posibilidade de continuar avanzando na desescalada.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal