Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RETOMARÁ O VINDEIRO MES DE MARZO O PROGRAMA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN DE LUDOPATÍAS EN MENORES
As concellerías de Mocidade e Ensino, dirixidas polos edís Pablo Mauriz e Mercedes Taibo respectivamente, impulsan este programa na cidade
Narón, 18 de febreiro. O Concello de Narón porá en marcha un ano máis o programa de Prevención de ludopatía en menores que se desenvolverá entre os meses de marzo e maio, coincidindo co curso escolar. A través das Concellerías de Mocidade e Ensino, dirixidas polos edís Pablo Mauriz e Mercedes Taibo respectivamente, ofreceuse aos centros escolares a posibilidade de anotarse nesta iniciativa, encamiñada a “sensibilizar aos menores e ás súas familias e dotalos das ferramentas necesarias para evitar as adiccións ao xogo con apostas, unha problemática que se incrementou considerablemente dende o inicio da pandemia pola Covid-19”. Taibo recordou que a temática se abordará tanto nas aulas como nas sesións das Escolas de Familias –actividade extraescolar-. “As Anpas dos centros tamén dispoñen de información sobre este recurso e se calquera familia da cidade a título particular quixese acudir ás sesións pode poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Narón, donde lle informarán sobre o contido das mesmas”, indicou. Unha pedagoga experta en ludopatías encargarase de impartir as sesións deste programa tanto no ámbito escolar, entre alumnado de segundo e terceiro curso da ESO e FPBI dos centros de ensino da cidade, como no ámbito familiar, nas Escolas de Familias municipais, familias convocadas a través das Anpas e particulares. Que é a ludopatía, as apostas do século XXI, o poder da publicidade, o xogo lúdico, problemático ou patolóxico, as estratexias de protección e risco e que facer se se detecta o problema son os contidos que se abordarán cos menores. En canto ás familias, algúns temas serán coincidentes, como a ludopatía do século XXI, se ben tamén se analizará o estudo realizado sobre menores e ludopatía no concello de Narón, a poboación adolescente como obxectivo das empresas de xogo, o impacto da pandemia no xogo con apostas e as estratexias de prevención da ludopatía. O concelleiro de Mocidade recordou que este programa xa se levou a cabo en cursos pasados e que se realizou tamén un estudo, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, “no que se fai especial fincapé na necesidade de traballar na área de prevención para evitar este tipo de condutas, que cada vez se adquiren a idades menores e que representan un grave problema social no ámbito da convivencia familiar, o rendemento escolar, a alteración de condutas…”. Mauriz indicou que neste estudo analizouse o impacto dos xogos de azar entre os adolescentes de entre 14 e 18 anos e participaron preto de 400 rapazas e rapaces de centros de ensino e institutos da cidade. Os edís naroneses animaron ao colectivo ao que se dirixe este programa a participar no mesmo “porque a ludopatía é un problema moi serio, que lamentablemente afecta cada vez a máis mozas e mozos e tamén a adultos, polo que é imprescindible ofrecer todas as ferramentas para a súa prevención e, no caso de o problema xa exista, tratar de frealo canto antes”. As persoas que desexen máis información ao respecto poden contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello, no correo electrónico: omix@naron.es ou a través do teléfono 981 337 700 (extensións 1103 e 1111).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal