PERMANECE ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DE INICIACIÓN Á LINGUA INGLESA PARA ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA.
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, informou que os obradoiros para alumnado de primaria comezarán previsiblemente a primeira semana de marzo na Casa da Mocidade da Gándara
Narón, 23 de febreiro de 2021. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que se mantén aberto o prazo para anotarse nos obradoiros de iniciación á lingua inglesa, enmarcados no Programa municipal de actividades extraescolares PROMEDEX do Concello de Narón, deseñado como recursos e apoio á escola. A previsión do inicio das clases sitúase na primeira semana de marzo no edificio municipal da Casa da Mocidade, na Gándara.
Os horarios de primaria previstos serán:
Grupo I: martes e venres de 16.00 a 16.50 horas
Grupo II: martes e venres de 17.00 a 17.50 horas
Grupo III: martes e venres de 18.00 a 18.50 horas
O horario de infantil determinarase nos vindeiros días coas familias.
O número máximo de participantes irá en función do que permita a situación sanitaria e a normativa vixente. As persoas interesadas en recibir máis información poden consultar na Sede electrónica, no Servizo Sociocomunitario Tfono. 981 33 77 00 Ext. 1111 / 1108 / 1109 ou no correo electrónico: omix@naron.es As inscricións deben tramitarse a través do Servizo Sociocomunitario –no primeiro andar do Concello- ou da Sede Electrónica –www.sedeelectronica.naron.es