Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA SOLICITA A POLÍTICA SOCIAL A CONSTRUCIÓN DUN CENTRO RESIDENCIAL PARA PERSOAS MAIORES EN NARÓN
A rexedora local, Marián Ferreiro, estivo na xuntanza coa concelleira de Benestar Social, Catalina García, e a xefa do Servizo Sociocomunitario Municipal
Narón, 24 de febreiro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, mantivo este mediodía unha reunión vía telemática con Fernando González, director de maiores e persoas con discapacidade, da Consellería de Política Social. Na xuntanza estiveron tamén presentes a concelleira de Benestar Social, Catalina García, e a xefa do Servizo Sociocomunitario Municipal. Ferreiro plantexou na reunión, solicitada dende a Alcaldía, as necesidades do Concello en materia social, entre as que se atopan a construción dun centro residencial para persoas maiores. A rexedora local, ao igual que fixo a pasada semana na xuntanza co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ofreceu á administración autonómica os terreos necesarios para a súa construción, de titularidade municipal. Así mesmo, avanzou que tamén se traballa dende o goberno local en analizar outra alternativa, a viabilidade de que algunha empresa constrúa un centro residencial para os maiores da cidade, que funcionase tamén como centro de día, interesándose polo número de prazas públicas que concertaría a administración autonómica no caso de que finalmente se materializase este proxecto no termo municipal. González comprometeuse a estudar ese número de prazas que se poderían concertar co centro residencial. A maiores Ferreiro incidiu na posibilidade de concertar prazas nun centro de día da cidade, opción que tamén se indicou que se abordará co Consorcio Galego de Benestar, tal e como apuntou o director de maiores e persoas con discapacidade da Xunta. Finalmente, a rexedora local solicitou a posibilidade de que a Xunta incremente o importe da achega ás horas destinadas ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF). “Dende hai moitos anos a Xunta está pagando 9,70 euros por hora e o custe que asume o Concello foise incrementando co paso dos anos ata superar actualmente os 17 euros por hora, o que supón un copago a día de hoxe de case o 50%”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa destacou os servizos e investimentos realizados dende as arcas locais en materia social e solicitou en xeral máis colaboración da Xunta “para poder ofrecer ás nosas veciñas e veciños máis servizos de atención ao colectivo e incluso outros novos como sería o caso dese centro residencial de persoas maiores”.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es