Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ESPECTÁCULO "SÉ INFIEL Y NO MIRES CON QUIÉN" PROGRAMADO NO PAZO DA CULTURA ADÍASE AO 13 DE XUÑO
Dende o Padroado da Cultura solicitan de antemán desculpas polas molestias que poida ocasionar este cambio sobre a programación prevista inicialmente
Narón, 26 de febreiro de 2021. O Padroado da Cultura de Narón anunciou un cambio na programación prevista no Pazo da Cultura no mes de xuño. A obra teatral “Sé infiel y no mires con quién”, da compañía Pentación Espectáculos representarase o día 13 de xuño –ás 19.00 horas- e non o día 4 de xuño, como estaba previsto inicialmente. Dende o Padroado solicitan desculpas polas molestias que ese cambio poida ocasionar. As persoas que desexen máis información ou realizar reservas de entradas poden facelo a través do teléfono 981 102 897 ou do correo electrónico: taquilla.pazo@naron.es. En función das novas medidas de prevención publicadas no Diario Oficial de Galicia e que entraron en vigor na madrugada de hoxe o Pazo poderá completar un aforo de 250 persoas nas butacas e de 50 no Café Teatro. Nas instalacións séguese dende o inicio da pandemia un estrito protocolo para garantir o cumprimento de todas as medidas de prevención da Covid-19. O despacho de billetes do Pazo da Cultura permanece aberto de luns a sábados entre as 9.30 e as 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas e os domingos e festivos dende unha hora antes do inicio do espectáculo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal