Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PUBLICADA A RESOLUCIÓN DA CONCESIÓN OU DESESTIMACIÓN PROVISIONAL DAS AXUDAS DO PROGRAMA PEL REACTIVA-CONCELLO DE NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que a través deste programa se concederán 457.292 euros en axudas entre empresas e autónomos da cidade
Narón, 3 de marzo de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou a publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe da resolución da concesión ou desestimación provisional, renuncia e non admisión a trámite das axudas solicitadas ao abeiro do programa PEL Reactiva-Concello de Narón. Ferreiro recordou que o Concello naronés foi o segundo da provincia da Coruña –dos de menos de 50.000 habitantes- donde máis solicitudes se presentaron a este programa, cun crédito total de 457.292 euros. “Das 472 solicitudes presentadas a este programa, concebido para paliar os efectos derivados das restricións da Covid-19 en microempresas e persoal autónomo da cidade, trala valoración realizada estimáronse provisionalmente 240 e quedaron desestimadas por esgotarse o crédito previsto un total de 59 solicitudes que cumprían os requisitos”, explicou Ferreiro. Así mesmo, en canto ao resto das solicitudes presentadas, “un total de 90 desestimáronse provisionalmente por non cumprir os requisitos; 74 tamén se desestimaron provisionalmente por incumprir o requirimento; oito persoas presentaron a súa renuncia á solicitude de axuda desta convocatoria e unha presentouse fóra do prazo establecido”. A través da publicación no BOP, tal e como se recolle no documento, os solicitantes destas axudas teñen un prazo de dez días hábiles, contados a partir de mañá, para presentar as alegacións que estimen oportunas. A resolución publicouse hoxe no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica de Narón e no procedemento do PEL Reactiva da Sede Electrónica do Concello. A alcaldesa incidiu en que a resolución da concesión definitiva se publicará tamén no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello e nese momento especificarase o prazo para presentar a documentación xustificativa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal