Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HOMENAXEARÁ MAÑÁ Á "MULLER DO ANO DE NARÓN 2021" E INAUGURARÁ NA PRAZA DA GÁNDARA A EXPOSICIÓN "MULLERES DE NARÓN"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá o acto institucional que se celebrará no Concello e ao que tamén están convocados os portavoces dos grupos municipais e a edil de Igualdade, Mar Gómez
Narón, 4 de marzo de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá mañá o acto institucional de nomeamento da “Muller do Ano de Narón 2021”. A cita terá lugar no salón de plenos do Concello ás 12.00 horas e debido á actual situación sanitaria acudirán á mesma os portavoces dos grupos da corporación local, a concelleira de Igualdade, Mar Gómez, a persoa homenaxeada –cuxo nome se dará a coñecer mañá no propio acto- e algún familiar. Ferreiro será a encargada de ler a acta co nomeamento, aprobado por unanimidade da corporación no pleno do pasado mes de febreiro. Unha vez remate o acto no Concello, sobre as 13.00 horas, os representantes do goberno local desprazaranse á Praza da Gándara, donde se inaugurará a exposición fotográfica “Mulleres de Narón”, protagonizada por mulleres que recibiron na cidade a distinción de “Muller do ano”. Na citada praza tamén se está realizando dende hoxe o mural “Todas as mulleres sumamos”, co que dende o Concello se aposta por recoñecer o papel de todas as mulleres que loitaron a prol do feminismo. Dende o Consistorio organizouse unha completa programación que se comezou a desenvolver o pasado luns e que continuará durante todo este mes para conmemorar o Día Internacional da Muller. Unha das propostas é a primeira edición do “Concurso Concello de Narón de Fotografía pola Igualdade”, dirixido a alumnado de quinto e sexto curso de educación Primaria da cidade. No que respecta á área educativa tamén se está traballando nos colexios do Feal e A Solaina na realización do mural “Elisa e Marcela”, as dúas mulleres das que consta o rexistro da primeira voda en España, no ano 1901. Na ludoteca municipal da Solaina desenvólvense tamén estes días actividades dirixidas a menores de entre 3 e 12 anos: “Construíndo a igualdade”, e “En Feminino”, que rematarán o luns día 8. Na Biblioteca municipal pode visitarse a mostra bibliográfica “A ollada feminista”, con obras nas que se destaca o papel que xogaron diversas mulleres na historia. Así mesmo, o vindeiro luns poderase ver a obra “U-la lúa”, de A Xanela do Maxín. É unha peza dirixida a menores de 3 a 8 anos que poderán ver nos centros ás 10.00 horas pero que tamén poderá ver calquera outra persoa que o desexe durante 24 horas por streaming a través do enlace: https://youtu.be/ktNDHKljdZo. No ámbito cultural a programación do 8 de marzo tamén inclúe tres espectáculos que se poderán ver este mes no Pazo e integrados no “VI Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular”. Estrearase a obra “Libre coma os paxaros!”, os días 12 e 13 de marzo –ás 20.30 e 20.00 horas-; e tamén se poderán ver “Crónica dunha heterosexual insatisfeita”, o 19 de marzo ás 20.30 e “Chola, a it girl”, o 26 deste mes ás 20.30 horas, estando xa á venda as entradas. Esta fin de semana iluminaranse tamén de cor violeta con motivo do Día Internacional da Muller o Pazo da Cultura, a glorieta de Freixeiro, o antigo Concello de Xuvia e a Casa da Cultura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal