Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SANCIONA A EMPRESAS DO SECTOR DA MADEIRA POR DANAR E NON REPARAR VIAIS MUNICIPAIS
O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, recordou que o Concello dispón dunha ordenanza na que se regulan a xestión da biomasa e as actividades forestais no municipio
Narón, 9 de marzo de 2021. O Concello de Narón ten abertos varios expedientes derivados do incumprimento da ordenanza reguladora da xestión da biomasa e das actividades forestais no termo municipal. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, explicou que todos se deben a danos provocados en pistas despois das talas realizadas en diferentes parcelas ubicadas nas parroquias de Sedes e San Xiao. “Os responsables dos estragos nas pistas ou noutras infraestruturas debido á tala de madeira deben asumir a subsanación dos danos ocasionados porque así se recolle na ordenanza e no caso de non facelo exporanse á sanción oportuna”, explicou Galego. O edil indicou que “os destrozos nas pistas poden supoñer ao causante dos mesmos, a empresa responsable da tala ou o propietario da parcela, non caso de que non se identifique á empresa, sancións de ata 3.000 euros”. “Os danos ocasiónanse na maioría das veces debido ao depósito, a carga ou o transporte da madeira, ao circular polos viais vehículos de gran tonelaxe que van deteriorando o firme, unha situación que polo xeral se agrava en tempada de choivas”, apuntou o concelleiro de Medio Ambiente. Galego asegurou que “afortunadamente hai maderistas que cumpren escrupulosamente a normativa, que son a maioría, pero temos que denunciar aqueles casos nos que se incumpre e adoptar as medidas estipuladas para erradicar esas prácticas que derivan no deterioro de infraestruturas municipais que son para uso de todas e todos os veciños, como é o caso das pistas forestais”. A maiores Galego indicou que nas últimas semanas tamén se identificou a un particular e unha empresa por depositar residuos en diferentes puntos do municipio. Nun dos casos un veciño da cidade depositou voluminosos nunha parcela do rural naronés e noutro unha empresa foránea foi localizada pola Policía Local cando estaba depositando varios tipos de residuos –restos de madeira, plásticos, ferro…- tamén nunha parcela do municipio. “Neste último caso os axentes identificaron á persoa no mesmo momento no que estaba tirando os residuos, nun vial localizado nas inmediacións da estrada de Cedeira”, apuntou Galego. “En todos os casos se abriron os pertinentes expedientes dende o departamento de Medio Ambiente para adoptar as medidas oportunas”, asegurou o edil. Así mesmo, subliñou a importancia de que “todas e todos nos concienciemos en que hai que erradicar este tipo de prácticas porque dispoñemos de instalacións como o Punto Limpo de Río do Pozo para depositar diferentes tipos de residuos, evitando os danos medioambientais e á paisaxe propios deste tipo de prácticas, que terán a correspondiente sanción”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal