Haberá teatro, música gospel, danza, zarzuela e maxia
Narón, 16 de Setembro de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, presentou hoxe en rolda de prensa a programación cultural de outono, que acollerá o Pazo da Cultura. Haberá teatro, gospel, danza, zarzuela e ata maxia, tal e como sinalou o rexedor. Blanco indicou que dende o Concello inténtase manter a calidade da programación teatral que teñe Narón dende fai anos.
A programación cultural programada polo Padroado de Cultura é a seguinte:
SETEMBRO
-Venres 18 e sábado 19: Teatro “O segredo dos Hoffman” de Lagarta, Lagarta.
-Sábado 26 e domingo 27: Teatro “ A piragua” de Candido Pazó, e Abrapalabra
OUTUBRO
-Sábado 3: Danza clásica “El lago de los cisnes”, do Ballet Nacional de Cuba
-Venres 9 e sábado 10: Teatro “O xoto de Yalta. Afterplay” de Teatro do Atlántico
-Sábado 17: Teatro “Maná maná” de Los Ulém
-Sábado 24: Teatro “Anxeliños” de Espello Cóncavo.
-Sábado 31: Danza contemporánea “Pisando ovos” de Tres.
NOVEMBRO
-Venres 13: Musical “Mundo y final”, de Ron Lalá.
-Domingo 15: Zarzuela “Nuestra zarzuela” de Cia. Zarxuela Damunt.
-Sábado 21: Teatro “Glass city (cidade de cristal)” de Teatro do Noroeste
-Sábado 28: Teatro “Náufragos” de Teatro Galileo
DECEMBRO
-Sábado 5: Teatro “Brokers” de Yllana
-Sábado 12: Maxia “Enigma” de Luis de Matos
-Luns 21: Música Gospel “Georgia Mass Choir”
-Martes 22: Música Gospel “Black Heritage Choir”
-Mércores 23: Música Gospel “Amen Gospel Choir”