Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REALIZA TRABALLOS DE MANTEMENTO NAS PASARELAS DE MADEIRA DO PARQUE DE FREIXEIRO E DO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
O edil de Servizos, Ibán Santalla, explicou que os traballos permitirán mellorar o estado das estruturas e suporán ás arcas locais un investimento duns 6.000 euros
Narón, 11 de marzo de 2021. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou o inicio dos traballos de mantemento das pasarelas de madeira do parque fluvial de Freixeiro e do paseo marítimo de Xuvia. As actuacións suporán un investimento duns 6.000 euros, que se sufragarán con cargo ás arcas locais e estarán rematadas nos vindeiros días, tal e como apuntou o edil naronés. “Os operarios que se encargan desta tarefa están revisando as táboas de madeira das pasarelas para substituílas naqueles casos nos que se encontren danadas e tamén comproban que estean ancladas correctamente”, explicou. No caso do parque fluvial de Freixeiro tamén se está colocando estes días unha malla antiesvaradiza nalgúns tramos desas pasarelas. “Esta malla evitará que as persoas que camiñan pola pasarela en días de choiva, xeadas, ou por hongos ou a propia degradación da madeira, esvaren, evitando así posibles caídas”, apuntou Santalla. O concelleiro recordou que “dende o Concello xa se realizaron en anteriores ocasións tarefas de mantemento destas pasarelas de madeira, que debido ao uso e o paso do tempo en ocasións presentan algúns desperfectos, procedendo a reparar ou directamente substituír as estruturas danadas”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal