Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MARIÁN FERREIRO, NOMEADA POR UNANIMIDADE VICEPRESIDENTA DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA COMARCA DE FERROL
O nomeamento da alcaldesa de Narón tivo lugar esta tarde durante a sesión plenaria que celebrou o organismo en Ferrol
Ferrol, 15 de marzo de 2020. A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou esta tarde o pleno ordinario de marzo, no que se aprobou por unanimidade a elección de Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón, como vicepresidenta do organismo. Tamén se deu conta das tres subvencións solicitadas á Xunta no último mes. Unha de 25.000 euros para continuar co servizo de orientación laboral que ofrece a Mancomunidade, que contempla o asesoramento básico para desempregados e o deseño de itinerarios para dirixir a súa incorporación ao mercado laboral. Outra, de ao redor de 50.000 euros, para o fomento do cooperativismo a través dun plan que contempla accións de divulgación e asesoramento na posta en marcha desta fórmula e, por último, outra de preto de 100.000 euros para preto do total do coste do servizo de Atención Temperá, un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos dos concellos da Mancomunidade e á súas familias que busca dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os pequenos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal