Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE FLUVIAL DO RIO FREIXEIRO SUMA DENDE ONTE 47.000 METROS CADRADOS DE ZONAS VERDES
O goberno municipal inaugura as últimas dous fases, que dispoñen de sendas peatonais e zonas de xogo infantil
Narón, 16 de Setembro de 2009.- O Alcalde de Narón, Xose Manuel Blanco, e a Tenente de Alcalde, Angeles Díaz Pardo, inauguraron hoxe as dúas últimas fases do Parque Fluvial do Rio Freixeiro, formadas por 9.960 metros cadrados de superficie, nos que se investiron 276.080 euros. As obras comenzaron en xaneiro deste ano, e se prolongaron por espacio de nove meses, a cargo da empresa Ibersilva S.L. Coa apertura ó público deste último tramo do paseo fluvial, Freixeiro suma un total de 47.410 m2 de zonas verdes situadas en pleno centro da cidade. A este respecto o Alcalde, Jose Manuel Blanco, comentou que a creación dun gran parque na zona urbana é xa unha realidade. “Estamos a rexenerar outros 30.000 m2 en O Couto, e 60.000 m2 no paseo de Xuvia, para cambiar o cemento polo verde”, sinalou. O rexedor fixo un chamamento á conciencia cívica dos veciños, para manter este parque en perfecto estado, tal e como se atopa nestos momentos. “Agardamos que a xente o disfrute pero tamén que o respete e non sexa pasto do vandalismo”, dixo. As obras de construcción do paseo fluvial do Rio Freixeiro comenzaron en marzo de 2006 e se prolongaron ata hoxe. Neste tempo se investiron un total de 1.315.155,55 euros e foron instaladas sendas de madera e jabre nas zonas verdes, pasarelas de madera sobre o río, pavimentos adoquinados nas prazas, vallas de madera, mobiliario urbán (bancos e papeleiras) e varias áreas de xogos infantís. Agora tan só resta a recuperación do Rio Freixeiro, algo que haberá de agardar ata que entre en funcionamento a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ferrolterra, prevista para o ano 2010. O recén estrenado Parque Fluvial do Rio Freixeiro se conectará nun futuro co paseo do muiño das Aceñas (Xuvia), tal e como lembrou a Tenente de Alcalde. Angeles Díaz sinalou que con esta futura intervención e a ampliación da ponte Miguel de Cervantes “acadaremos co tempo un espazo verde aínda máis grande”, dixo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal