Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA ´MULLERES EN NARÓN´ PERMANECERÁ INSTALADA DENDE HOXE ATA O DÍA 25 DE MARZO NA PRAZA DE GALICIA
A mostra, de carácter itinerante, poderá visitarse do 25 ao 31 de marzo nas inmediacións do local social do Val e desde o día 31 de marzo na praza do antigo Concello de Xuvia donde permanecerá outra semana
Narón,18 de marzo de 2021. A exposición “Mulleres en Narón”, organizada con motivo dos actos conmemorativos do 8M “Día Internacional das Mulleres” pode visitarse dende esta mañá na Praza de Galicia e permanecerá ata o xoves 25 de marzo nese emprazamento. A mostra fotográfica consta de tres paneis nos que se recorda ás mulleres que recibiron a distinción de “Muller do Ano de Narón” no periodo comprendido entre 2016 e 2020. Ademáis, segundo manifestou a concelleira de Igualdade, Mar Gómez, “queremos visibilizar o importante papel da muller na historia de Narón e amosar os recursos que o concello pon a disposición da cidadanía nese ámbito, facendo chegar esta información a través desta exposición a diferentes barrios e parroquias da nosa cidade”. Gómez animou á cidadanía a visitar esta exposición itinerante,“Mulleres en Narón”, que se poderá ver así mesmo do 25 ao 31 de marzo nas inmediacións do local social municipal da parroquia do Val e a partires do 31 de marzo na praza do antigo Concello de Xuvia donde permanecerá outra semana.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal