Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ANUNCIA A MODIFICACIÓN DA TAXA DE RECOLLIDA DE REFUGALLOS SÓLIDOS URBÁNS E DE RECADACIÓN PARA ALIVIAR AS RESTRICIÓNS DERIVADAS DA COVID-19
A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que as ordenanzas a modificar son a número 1, que regula a xestión, recadación e inspección do Concello, e a número 10, reguladora da taxa por recollida de refugallos sólidos urbáns (RSU)
Narón, 18 de marzo de 2021. O Concello de Narón modificará dúas ordenanzas fiscais para aliviar as consecuencias das restricións derivadas da Covid-19 en diferentes sectores e tamén a nivel particular nos inmobles da cidade. Os cambios propostos presentáronse no transcurso da Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas celebrada hoxe. A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que as ordenanzas a modificar son a número 1, que regula a xestión, recadación e inspección do Concello, e a número 10, reguladora da taxa por recollida de refugallos sólidos urbáns (RSU). En canto a esta última a rexedora local avanzou que a través dos cambios propostos “crearase unha nova tarifa para locais e establecementos sen actividade por peches temporais forzosos obrigatorios decretados polas autoridades sanitarias estatais ou autonómicas e, ao mesmo tempo, rebaixarase nos recibos da veciñanza o aforro que supón ao Concello a aplicación do canon reducido de Sogama neste servizo”. Ferreiro recordou que o custe do servizo de recollida ten unha parte fixa e outra variable, “sendo precisamente sobre esta última sobre a que se terá en conta a merma de actividade debido a restricións por emerxencias sanitarias, polo que se aplicará unha tarifa máis reducida para aqueles casos nos que os peches sexan por un período de 25 días naturais dentro do trimestre”. O prazo marcado deses responde ao período que se considera suficientemente relevante para condicionar o exercicio da actividade económica, tal e como se especifica no documento. A maiores, no referente ao servizo de recollida de residuos sólidos urbáns tamén se repercurtirá aos usuarios e usuarias deste servizo o aforro do Concello derivado da aplicación do canon reducido de Sogama, que se trasladará de xeito proporcional ás tarifas da citada taxa. En base aos informes técnicos na actualidade a bonificación estimada é dun 3,5% anual. Esta medida implantarase tras solicitalo dende a Alcaldía e comprometerse a reducir os residuos mantendo ou aprobando medidas que fomenten a recollida selectiva para reducir a produción de lizo convencional ou fomentar a reciclaxe de envases lixeiros, tal e como indicou Ferreiro. En canto á ordenanza de xestión, recadación e inspección do Concello tamén se modificará para que ante casos de emerxencia ou alarma declarados polo Goberno central ou autonómico as taxas, prezos públicos e outros ingresos de competencia municipal poidan adaptarse ao alcance das restricións ou limitacións que en cada momento impoña a normativa. A alcaldesa avanzou que estas modificacións terán efecto retroactivo, podendo aplicarse a data de 1 de xaneiro deste ano. “Os cambios propostos nestas ordenanzas complementan a outros xa realizados dende o goberno local, como os aplicados na de instalación de terrazas, e teñen entre as súas finalidades aliviar a presión fiscal na veciñanza de Narón”, recalcou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal