Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN CONMEMORA O DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
Diversas propostas de actividades foron enviadas aos centros educativos e asociacións do municipio para promover a participación nesta conmemoración do 8 de abril
Narón, 30 de marzo de 2021. O día 8 de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano para lembrar a súa historia e render homenaxe ás vítimas xitanas do xenocidio nazi, así como das distintas persecucións ao longo dos séculos. Esta data elixiuse significando o I Congreso Mundial Roma/Xitano, organizado en Londres o 8 de abril de 1971. No devandito congreso instituíronse a bandeira e o himno xitano. Ademáis, acordouse ratificar o romanó como lingua das persoas xitanas e o termo roma (en romanó, persoa) para referirse aos xitanos e xitanas. Desde hai uns anos, o 8 de abril está a adquirir gran notoriedade, servindo de ocasión para distintas celebracións e comunicacións. A concelleira de Benestar Social e Participación Cidadá, Catalina García, informou das actividades propostas aos centros educativos e ás entidades sociais co fin de acercar as contribucións do pobo xitano, a historia e a cultura. A concelleira animou a participar nesta celebración enviando ao correo minoriasetnicas@afaferrol.org fotografías de xitanas e xitanos de Narón acompañadas dunha frase como por exemplo: “Espazo libre de racismo”, “Opré Romá!”, “Roma Lives Matter” (en referencia ao tratamento dos medios de comunicación), “Sastipen Thaj Mestipen” (Saúde e Liberdade), “Loita contra o antixitanismo; desmonta os prexuízos”. O Concello de Narón elaborará un video coas fotografías enviadas que se publicará nas redes durante a semana do 8 de abril co cancelo #Narónencaló Asi mesmo poderase visitar unha exposición de fotografías de xitanos e xitanas na sala baixa da Biblioteca pública municipal a partir do 8 de abril.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal