Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EXPOSTO AO PÚBLICO NA DEPUTACIÓN DA CORUÑA O PADRÓN FISCAL DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA
As consultas de particulares sobre o padrón deben realizarse por correo electrónico ou por teléfono debido á actual situación sanitaria
Narón, 12 de abril de 2021. O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado xoves o anuncio da Deputación da Coruña da exposición pública do padrón do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) correspondente a este ano. O citado padrón permanece exposto dende hoxe e ata o vindeiro 11 de maio (inclusive) na Deputación Provincial (rúa Archer Milton Huntington, 17; 15701, A Coruña). Debido á actual situación sanitaria as consultas sobre o padrón do IVTM realizaranse a través da dirección de correo electrónico: atencion.tributaria@dacoruna.gal ou no número de teléfono 900 132 204 (chamada de balde).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal