Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIARÁ UNHA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMICILIARIA DIRIXIDA ÁS VECIÑAS E VECIÑOS DA ZONA RURAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que a vindeira semana se celebrarán tres charlas de sensibilización na zona rural no transcurso das que poderán anotarse as persoas que desexen participar
Narón, 19 de abril de 2021. O Concello levará a cabo unha campaña de compostaxe domiciliaria para promover a reciclaxe da fracción orgánica dos residuos en orixe. A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que esta iniciativa se levará a cabo en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco do programa Feder 2014-2020. “Poderán participar un centenar de veciñas e veciños da cidade, que recibirán de forma gratuíta os medios necesarios para poder elaborar compost a pequena escala e tamén a formación necesaria sobre como reciclar eses residuos”, indicou. As accións de difusión que se levarán a cabo a partir da vindeira semana en tres parroquias da zona rural marcarán o inicio deste programa. “As persoas que queiran participar recibirán información sobre a técnica de autocompostaxe e deberán inscribirse previamente para, nunha segunda fase, proceder a seleccionar aos participantes e tamén entregarlles os medios materiais e asesorándoos por parte de persoal técnico especializado”, explicou. A rexedora local apuntou que xa están programadas as xornadas de difusión que se levarán a cabo para esta campaña co fin de sensibilizar á poboación sobre a importancia e as vantaxes da compostaxe domiciliaria. O vindeiro luns día 26 terá lugar a programada no centro cívico social do Val, o martes 27 no centro cívico social de San Xiao e a última terá lugar o xoves 29 no centro cívico social de Sedes. Nos tres casos terán lugar entre as 17.00 e as 19.00 horas e formalizaranse as inscricións no transcurso desas convocatorias. Poderán asistir todas as veciñas e veciños da zona rural que dispoñan dun espazo de horta ou xardín no que colocar o composteiro e que se comprometan a realizar un uso responsable do material que recibirán, así como a facilitar o seguemento do labor por parte de técnicos especialistas na materia. Ferreiro explicou que un dos obxectivos desta campaña é procurar unha saída aos residuos orgánicos que se xeneran nos fogares e, tamén evitar que a xente tire restos vexetais ou de podas nos contenedores municipais ou na propia vía pública. “Esta é unha iniciativa máis das programadas na área de educación ambiental, pensada para mellorar a eficacia da recollida selectiva a través da separación previa da materia orgánica en orixe e permitindo así reducir o volumen de residuos que a diario recolle o servizo de recollida de residuos sólidos urbáns”, asegurou. “Coa entrada en vigor do novo contrato do citado servizo, unha das melloras contempladas é a implantación da quinta fracción, para a que se instalarán en toda a cidade uns contenedores específicos, de cor marrón, e donde se deberán depositar restos de comida, pousos de café, restos de plantas e herbas… cos que se pode facer compost para aproveitar por exemplo como fertilizante”, subliñou a alcaldesa da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal