Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA A CONCESIÓN DAS INSTALACIÓNS DO PARQUE TEMÁTICO DE ALDEA NOVA POR UN PERÍODO DE DEZ ANOS
As persoas interesadas en presentar ofertas ou solicitar a documentación pertinente poden facelo dende mañá e durante os vindeiros trinta días naturais
Narón, 22 de abril de 2021. O Concello licita a concesión das instalacións municipais do Parque Temático Integrado de Desenvolvemento Rural Aldea Nova para usos turísticos. Así se recolle no anuncio publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia e no que se indica que as persoas interesadas poderán presentar as súas ofertas dende mañá e os vindeiros trinta días naturais. O prazo da concesión destas instalacións, ubicadas no lugar de Lagoela, na parroquia de Sedes, é por dez anos, improrrogables, e o canon mínimo establecido para a explotación das mesmas é de 4.500 euros ao ano. Trátase dunha superficie duns 35.000 metros cadrados e que ofrece múltiples posibilidades grazas ás diferentes zonas nas que se distribúe. O parque de Aldea Nova abriu as súas portas no ano 2008 e dende entón o Concello foi acondicionando as instalacións para que se puidesen ofrecer novos servizos. Aldea Nova dispón dun albergue con capacidade para medio centenar de persoas, unha casa de aldea rehabilitada, un museo etnográfico, unha granxa, comedor para unhas 150 persoas e unha cociña ampla, aulas nas que poder impartir xornadas e cursos a grupos, campa de deporte rural, zona de estacionamento, invernadoiro e un apiario. A maiores, tamén dispón dun planetario cunha cúpula de seis metros na que se poden desenvolver tamén actividades grupais. A todas as instalacións dispoñibles súmase unha ubicación privilexiada na parroquia de Sedes, con vistas á ría en plena natureza. Nas bases especifícase que nas instalacións teranse que desenvolver actividades relacionadas ou complementarias coa temática e natureza do parque, podendo ofertar o adxudicatario outras vencelladas ao desenvolvemento rural, cultural, turístico, de formación profesional e para o emprego, educativo, de ocio… e para cuxa prestación deberá obter as autorizacións, homologacións e licenzas administrativas precisas. As persoas interesadas en participar neste procedemento de concesión poden consultar toda a información sobre o mesmo no Perfil do Contratante do Concello de Narón, ubicado na Plataforma de Contratación do Sector Público. Así mesmo, poden chamar aos números de teléfono 981 337 700 (extensións 1517 e 1514) ou dirixirse ao correo electrónico: contratacion@naron.es. A documentación poderá solicitarse nun prazo de trinta días naturais, contados a partir de mañá.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal