Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES E FAMILIAS DA CIDADE PODERÁN PARTICIPAR UN ESTUDO LOCAL PARA COÑECER IMPACTO DA CRISE DA COVID-19 NA ÁREA DE CONCILIACIÓN
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, destacou a importancia de colaborar nesta iniciativa impulsada a través dun programa municipal
Narón, 23 de decembro de 2020. O Concello impulsará un estudo municipal, “Conciliación en tempos de covid-19” proxectado co fin de coñecer o impacto da crise sociosanitaria xerada pola covid-19 nas posibilidades de conciliación e corresponsabilidade das familias con menores ou persoas adultas dependentes ou con discapacidade ao seu cargo. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que co fin de levar a cabo este estudo se empregará “unha metodoloxía impulsada dende o programa municipal de actividades nos centros de ensino e que combinará diferentes técnicas, tanto cuantitativas como cualitativas, nas que se buscará a implicación de persoas de varias idades”. Unha das vías de traballo será a habilitación dunha enquisa que se poderá realizar online a través do enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScwtX3gwHZrmrQgqiw2FSuh4gOQLRpXZMf5hdwGAeKHddAVGQ/viewform?usp=sf_link da que se informou e na que participarán os centros de ensino da cidade e dirixida tamén ao resto da veciñanza da cidade que poderá cubrir dende o vindeiro luns, día 26, ata o 14 de maio. Así mesmo, constituiranse seis grupos de debate, un con menores de sexto de educación Primaria dun centro de ensino público e outro concertado da localidade, para coñecer de primeira man como están vivindo esta pandemia e as dificultades que teñen para pasar tempo coas súas familias. Os catro grupos restantes de debate estarán formados por familias de Narón. No mesmo proxecto tamén se inclúe unha campaña visual denominada “A miña conciliación pandémica” na que tamén poderá participar a cidadanía. As persoas interesadas deben sacar unha fotografía relacionada coa citada temática e enviala ata o 18 de maio á dirección de correo electrónico: conciliacionencovidnaron@gmail.com. Este proxecto rematará coa presentación do estudo nun acto público no que se darán a coñecer os principais resultados deste estudo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal