Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONTINÚA DESENVOLVENDO HOXE OS ACTOS CONMEMORATIVOS DO DÍA DO LIBRO
As propostas, pensadas para persoas de diferentes idades e deseñadas dende a área de Ensino e Bibliotecas, dirixida pola edil Mercedes Taibo, prolongaranse durante varios días
Narón, 23 de abril de 2021. A Biblioteca municipal acolle dende hoxe e ata finais deste mes a exposición “O nunca lido”, formada por publicacións moi diversas e que non saíron en calidade de préstamo das instalacións. Co fin de promocionar a súa lectura, dado que abranguen diferentes temáticas, organizouse esta mostra ao tempo que continúan desenvolvéndose outras actividades en instalacións municipais e tamén vía telemática, algunhas delas iniciadas a comezos desta mesma semana con motivo do Día do Libro, que se conmemora hoxe. Deste xeito, na Ludoteca municipal da Solaina realízanse dende o luns actividades pensadas para menores de 3 a 12 anos. Hoxe mesmo haberá dúas actividades que darán comezo ás 17.00 horas: os contacontos “O señor Corpo quere xogar”, de Borrás Sanjurjo, e “O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba”, de M. Prado e D. Aceituno. Os máis maiores, de entre 7 e 12 anos, participarán na elaboración do mural “Razóns para ler”, no que deixarán constancia dos seus gustos literarios, personaxes favoritos e as razóns polas que os libros son importantes nas súas vidas. Así mesmo, dende o SNL organizáronse outras propostas ás que se pode acceder dende os enlaces indicados e tamén dende un banner da web do Concello –www.naron.es-: un obradoiro de marcapáxinas -https://player.vimeo.com/video/538613281-, a canción “Imos de festa” -https://player.vimeo.com/video/539045845- e o contacontos “Xan das ondas” -https://player.vimeo.com/video/539076828-. Trátase de tres vídeos de Barafunda que se poden ver dende o pasado mércores e que permanecerán durante varias semanas abertos para que as persoas que o desexen poidan velos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal