Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA SARABELA TEATRO TRAERÁ ESTA FIN DE SEMANA AO PAZO A OBRA "A LINGUA DAS BOLBORETAS"
A obra é unha adaptación do libro de Manuel Rivas e poderá verse o venres 30 de abril e o sábado 1 de maio no Pazo da Cultura
Narón, 27 de abril de 2021. A compañía Sarabela Teatro representará este venres -20.30 horas- e o sábado día 1 -20.00- no Pazo da Cultura a obra “A lingua das bolboretas”, unha adaptación realizada por Fernando Dacosta do libro de Manuel Rivas. Trátase dunha peza de teatro contemporáneo de algo máis dunha hora de duración e para a que están á venda as últimas entradas, cun prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O espectador poderá ver a entrañable relación que manteñen na época da Guerra Civil un neno, Pardal, e o seu mestre republicano, don Gregorio. O menor inicia un intenso proceso de aprendizaxe da man do seu mestre, que representa para el a liberdade que xera o coñecemento. Ao mesmo tempo o rapaz é testemuño directo do tráxico que supón vivir nesa época, con medo. Os dous manterán nesta historia unha relación entrañable na que se irán vendo diversas realidades cotiás que pasan ás veces inadvertidas e que fan partícipe ao espectador da fascinación de Pardal ante o descoñecido e o sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal