Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DOS PRIMEIROS DISPENSADORES DE BOLSAS PARA RECOLLER EXCREMENTOS DE CANS AO ALUMNADO DO AYALA QUE SOLICITOU ESTA INICIATIVA AO CONCELLO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Seguridade Cidadá, Román Romero, e Medio Ambiente e Sanidade, Santiago Galego, entregaron hoxe os primeiros dispensadores
Narón, 28 de abril de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e os concelleiros de Seguridade Cidadá, Román Romero, e Medio Ambiente, Santiago Galego, desprazáronse xunto cos responsables do equipo de Educación Viaria de Narón, Pedro Caneiro e Sonia López, ao colexio Ayala para entregarlle ao alumnado de sexto curso os primeiros dispensadores de bolsas para a recollida de excrementos de cans e cunha función de linterna incorporada no mesmo dispensador. “Quixemos agradecer esta idea que propuxeron nos Consellos de Participación Infantil e aproveitar a chegada dos dispensadores para que fosen precisamente as alumnas e alumnos de Narón que propuxeron a idea os que tivesen os primeiros”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa e os edís naroneses entregáronlles a cada alumna e alumno do curso un par de dispensadores –co lema “Utilízame para que a túa mascota estea orgullosa de ti”- e a partir da vindeira semana, tal e como avanzou Galego, entregaranse case 2.000 nos parques caninos da cidade e tamén nas zonas habituais de paseo de mascotas, como os paseos de Xuvia, A Gándara e Freixeiro. O edil de Medio Ambiente e Sanidade destacou a “implicación e preocupación que neste caso amosaron os escolares en materia de benestar animal e tamén de salubridade porque son o presente e o futuro e axúdannos a marcar unhas liñas a seguir a través do Concello”. Pola súa banda, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, tamén salientou o “gran esforzo e traballo que realizou o alumnado dos colexios que participaron nos Consellos de Participación Infantil e que nos presentaron diferentes propostas sobre as que estamos analizando unha por unha a súa viabilidade”. Tanto a alcaldesa da cidade como varios edís da corporación local participaron hai unhas semanas en xornadas por videoconferencia celebradas con colexios de Primaria e Secundaria –A Solaina, A Gándara, Ponte de Xuvia, Ayala, O Feal, Piñeiros e Jorge Juan- para escoitar cada un dos proxectos presentados. Ferreiro subliñou que “confiamos en materializar máis iniciativas das que nos plantexaron as alumnas e alumnos dos centros de ensino da cidade porque é un orgullo poder contar con eles para avanzar no mellor dos futuros que todas e todos queremos para a nosa cidade”. A alcaldesa destacou a elevada participación nos Consellos de Participación Infantil, cun total de 158 alumnas e alumnos de quinto e sexto de Primaria e primeiro de Secundaria e valorou tamén o traballo realizado polo persoal docente para axudar ao alumnado e a colaboración brindada pola cidadanía que participou, nalgúns casos, nas enquisas que realizaron sobre diferentes áreas. Tamén na xornada de hoxe Ferreiro entregou xunto cos edís de Seguridade Cidadá e Medio Ambiente nos colexios Ayala e A Solaina os diplomas acreditativos da participación nestes Consellos, que se entregarán tamén ao alumnado dos restantes centros nos vindeiros días.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal