Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO CÍVICO SOCIAL DE SEDES ACOLLERÁ MAÑÁ A ÚLTIMA XORNADA PARA INFORMARSE E INSCRIBIRSE NA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMICILIARIA
A iniciativa diríxese a veciñas e veciños da zona rural que teñan unha horta ou xardín e xa se levou a cabo nas parroquias do Val e San Xiao
Narón, 28 de abril de 2021. O Centro Cívico Social de Sedes acollerá mañá, entre as 17.00 e as 19.00 horas, a última das xornadas de información e para inscribirse na campaña de compostaxe domiciliaria que está levando a cabo o Concello en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco do programa Feder 2014-2020. Esta iniciativa diríxese a veciñas e veciños da zona rural e xa se desenvolveu o pasado luns na parroquia do Val, ata donde se desprazaron a alcaldesa, Marián Ferreiro e o edil de Servizos, Iban Santalla, e onte en San Xiao, donde se materializaron as primeiras inscricións –preto de medio centenar- para participar, tal e como indicou o edil de Servizos. Nas xornadas informativas que se programaron nos citados centros cívicos sociais da cidade persoal especializado ofrece información sobre a técnica de autocompostaxe e nunha segunda fase entregaránselles aos participantes os medios materiais para levala a cabo. O proceso estará supervisado en todo momento polos técnicos, que se desprazarán ás hortas e xardíns nos que a veciñanza coloque os composteiros para garantir que realizan un uso responsable dos mesmos. Santalla destacou a importancia de implicarse neste tipo de campañas de concienciación e sensibilización cidadá, "para dar, como neste caso, unha saída aos residuos orgánicos que se xeneran a diario nos fogares evitar que eses residuos vaian a parar actualmente aos contenedores do lixo, á espera de que coa entrada en vigor do novo contrato de recollida de residuos sólidos urbáns se depositen nos contenedores que se instalarán en toda a cidade para a quinta fracción”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal