Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA CONVOCAN UN OBRADOIRO DE "REPRODUCIÓN APÍCOLA BÁSICA"
O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, indicou que o obradoiro é de balde tanto para as veciñas e veciños de Narón como para os socios de AGA
Narón, 29 de abril de 2021. Persoal do equipo técnico da delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) impartirá un curso sobre “Reproducción apícola básica”. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, explicou que a convocatoria se desenvolverá por vía telemática –a través da plataforma Zoom- ou coa entrega dos apuntes, a partir do vindeiro mes de maio. Así mesmo, indicou que as sesións prácticas se levarán a cabo en grupos reducidos en colmeares do Concello xestionados por AGA. O curso, de dezaséis horas en total e que se impartirán en horario de mañá, é de balde para as veciñas e veciños de Narón e os socios de AGA e terá un prezo de 50 euros para o resto de participantes. O programa abordará temas como a enxamia, a reproducción controlada, a obtención de raíñas de calidade, as colonias criadoras, os métodos de cría… Galego asegurou que entre os obxectivos desta convocatoria, que se programa en virtude ao convenio de colaboración entre o Concello e AGA, están “que os participantes poidan adquirir coñecementos tanto teóricos como prácticos sobre a cría e a selección das raíñas, o que permitirá mellorar a xenética das abellas e tamén que dispoñan dun certo dominio das técnicas básicas de reprodución colmear, permitindo así unha mellora na rendabilidade das explotacións”. As persoas interesadas en inscribirse ou recibir máis información poden dirixirse ao correo electrónico: dagaferrol@hotmail.com ou chamar ao número de teléfono 661 378 960.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es