Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN TRES CURSOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS QUE SE IMPARTIRÁN NA AULA CEMIT DE XUVIA
As persoas interesadas, tal e como indicou a edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, deben anotarse a través da plataforma Cemit
Narón, 30 de abril de 2021. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición en tres accións formativas que se impartirán a partir dos vindeiros meses de maio a xullo na Aula Cemit de Xuvia. As persoas interesadas en anotarse –están abertas á cidadanía en xeral- deben facelo na plataforma Cemit, a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centro/48. Os cursos que se impartirán son: Ofimática, curso preparatorio exame Codix (232 horas), do 10 de maio ao 30 de xullo; Internet e informática básica (144 horas), do 10 de maio ao 30 de xuño e Xestión contable (88 horas), do 1 ao 30 de xullo. Cada unha destas accións formativas diríxese a un máximo de nove persoas –cumprindo os protocolos derivados da covid-19- e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Ao anotarse na plataforma Cemit recíbese unha mensaxe de admisión, se ben a partir da petición número nove (superando a oferta) considéranse como reservas, polo que poderán realizar o curso no caso de que algunha das persoas que se anotou con anterioridade cause baixa e así se lle comunicaría á persoa que pasase a ocupar a praza. Todas as persoas admitidas en cada unha das accións formativas serán avisadas telefonicamente, días previos ao inicio do curso. O curso de Ofimática, preparatorio do exame Codix celebrarase en quenda de mañá, entre as 9.30 e as 13.30 horas, do 10 de maio ao 30 de xullo. Sistema operativo, procura de información; aplicacións informáticas de tratamento de textos; de follas de cálculo, de bases de datos relacionais e para presentacións forman parte dos contidos desta convocatoria. As clases de Internet e informática básica desenvolveranse entre o 10 de maio e o 30 de xuño, en horario de 16.00 a 20.00. O alumnado abordará temas como a fundamentación informática, que é un computador, os seus elementos e adaptacións, introdución ao sistema operativo, utilizador dun procesador de texto, internet, web 2.0 e introdución á administración electrónica. O terceiro dos cursos, sobre Xestión contable, impartirase do 1 ao 30 de xullo de 16.00 a 20.00 horas e ten entre os seus contidos: documentos administrativos de compravenda, facturación, sistemas de información contable, plan xeral de contabilidade, contas anuais, contabilización por partida doble, facturación e contabilidade informatizada e aplicacións informáticas de contabilidade O Concello mantén o recoñecemento de Aula de Referencia pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Xunta de Galicia), concedido pola intensa actividade que se desenvolve nestas instalacións ao longo do ano, tal e como recordou a concelleira de Novas Tecnoloxías. Natalia Hermida animou á veciñanza a anotarse nesta nova convocatoria formativa “que suporá ofertar na cidade un total de 464 horas máis de formación que se complementan coas accións formativas do Programa Municipal de Formación, iniciado o pasado mes de xaneiro no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara”. As persoas que precisen máis información ou axuda para rexistrarse poderán solicitalo na Aula Cemit de Xuvia -no edificio do antigo Concello- dende o luns 3 ao venres 7 de maio en horario de 11.30 a 13.30.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal