Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA O CURSO DE OFIMÁTICA PREPARATORIO DO EXAME CODIX QUE SE IMPARTIRÁ NA AULA CEMIT DE XUVIA
As persoas interesadas en realizar este curso deberán anotarse a través da plataforma Cemit da Xunta, tal e como recordou a edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida
Narón, 7 de maio de 2021. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou que aínda quedan algunhas prazas para inscribirse no curso de Ofimática, preparatorio do exame Codix (232 horas) que se impartirá na Aula Cemit de Xuvia. As persoas interesadas en anotarse –están abertas á cidadanía en xeral- deben facelo a través da plataforma Cemit, no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centro/48. A citada acción formativa desenvolverase do 10 de maio ao 30 de xullo e diríxese a un máximo de nove persoas –cumprindo os protocolos derivados da covid-19-. Impartirase en quenda de mañá, entre as 9.30 e as 13.30 horas e o alumnado abordará, entre outros, temas como o sistema operativo e a procura de información; aplicacións informáticas de tratamento de textos; de follas de cálculo, de bases de datos relacionais… Unha vez que as persoas se anoten na plataforma Cemit recibirán unha mensaxe de admisión, considerándose como reservas a partir da novena, por ser o límite establecido para a convocatoria. Así mesmo, as persoas admitidas serán avisadas telefonicamente, días previos ao inicio do curso.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal