Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS SESIÓNS DOS CONSELLOS TERRITORIAIS DO CONCELLO COMEZAN ESTA TARDE NA PARROQUIA DE FREIXEIRO
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que esta semana se desenvolverán os Consellos programados en Freixeiro, San Xaio e O Couto
Narón, 10 de maio de 2021. O local social Virxe de Fátima, da parroquia de Freixeiro, acollerá esta tarde ás 19.00 horas o primeiro dos Consellos Territoriais programados dende a concellería de Participación Cidadá, dirixida pola edil Catalina García. As convocatorias desenvolveranse durante este mes e o vindeiro xuño nos diferentes barrios e parroquias da cidade. Esta semana están convocados, a maiores do desta tarde, o programado o mércores en San Xiao e o xoves no Couto, nos seus respectivos locais sociais e tamén a partir das 19.00 horas. Estas convocatorias están abertas á cidadanía en xeral e, de xeito específico, ás entidades asociativas da cidade. Nos encontros, que presidirá a concelleira de Participación Cidadá, abordarase coas veciñas e veciños a situación de cada unha das parroquias e barrios, intercambiando opinións….. sobre a actual situación e tamén sobre posibles futuros proxectos. O calendario completo das convocatorias pode consultarse na páxina web: www.naron.es e na plataforma www.naronparticipa.es. Ante a actual situación sanitaria, a participación presencial está limitada a catro persoas, polo que se recomenda que naqueles casos que sexa posible que se inscriban para participar vía telemática enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ao número de teléfono 603 865 413.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal