Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "PANADERÍA E BOLERÍA"
A edil de Formación, Natalia Hermida, explicou que esta acción do programa formativo municipal se dirixe a veciñas e veciños de Narón, desempregadas/os e maiores de 18 anos
Narón, 10 de maio de 2021. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo, mañá, para inscribirse nun curso de “Panadería e bolería” do Programa municipal de Formación e que se prevé impartir do 26 de maio ao 25 de outubro. A edil explicou que hai un total de 15 prazas e que se dirixe a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón. As solicitudes, tal e como indicou Hermida, poden presentarse dende mañá ás 8.30 ata o 19 de maio ás 13.30 horas no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou de calquera dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Prevención de riscos laborais específicos, hixiene alimentaria na industria da panadería, control do almacén, elaboración de pan artesán galego, atención ao cliente nunha panadería, orientación para o emprego e visitas profesionais forman parte dos contidos teóricos desta acción formativa. Das 490 horas totais do mesmo destínanse 120 a prácticas profesionais non laborais nas instalacións de empresas colaboradoras. As clases está previsto impartilas de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas na aula, se ben a parte práctica será no horario que se determine, a razón de cinco horas diarias. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no rexistro e o listado provisional de persoas admitidas, suplentes e excluídas publicarase na Sede Electrónica, se ben as persoas seleccionadas serán informadas telefónicamente da súa admisión. Para obter máis información sobre esta convocatoria pódese consultar o seguinte enlace da web municipal: http://www.naron.es/web/docs/Convocatoria_Panaderia_e_boleria.pdf ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109). A concelleira de Formación animou ás persoas interesadas nesta acción formativa a anotarse na convocatoria, “que rexistra unha importante demanda e que ten cada ano moi boas perspectivas no que respecta á inserción laboral”. Hermida agradeceu tamén “a colaboración das empresas nas que o alumnado realizará as súas prácticas, ao ser unha parte moi importante deste curso”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal