Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPULSA ESTE MES VARIAS ACTIVIDADES NOS CENTROS DE ENSINO PARA DIFUNDIR DIFERENTES PROPOSTAS VENCELLADAS Á EDUCACIÓN VIARIA
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, destacou o traballo que se realiza na cidade nesta área e que este mes pode ver a promotora social de Xestión Vial da Municipalidade de Heredia (Costa Rica), Cheiling Venegas
Narón, 11 de maio de 2021. O equipo de Educación Viaria de Narón realiza estes días numerosas actividades con alumnado dos colexios da cidade con motivo da estancia en Narón da promotora social de Xestión Vial da Municipalidade de Heredia (Costa Rica), Cheiling Venegas. Participa Venegas nunha pasantía na que se abordarán diferentes estratexias que se levan a cabo en Narón en materia de Educación e Seguridade Viaria en virtude ao convenio que o Concello mantén coa Municipalidade de Heredia (Costa Rica). O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, destacou “a gran variedade de actividades que se están levando a cabo este mes para poder compartir o traballo que realizamos con outras cidades, como neste caso Ciudad de Heredia, interesadas en apostar pola seguridade viaria, unha área na que dende hai moitos anos se está realizando un importante labor en Narón”. A pasada semana, os responsables do equipo de Educación Viaria de Narón, Pedro Caneiro e Sonia López, acompañaron a Venegas nas actividades desenvolvidas con medio centenar de alumnas e alumnos de sexto curso de Infantil do colexio da Solaina, en un obradoiro de bicicletas con 70 escolares de terceiro e cuarto de Primaria dos colexios Jorge Juan e Ayala, donde Cheiling Venegas puido ver o funcionamento das lonas os corredores activos de educación viaria e do robot co que traballan sobre un tapiz didáctico da cidade. Na xornada de onte 35 escolares do colexio de Piñeiros, de terceiro e cuarto de Primaria, realizaron un percorrido en bicicleta polo paseo de Xuvia, cunha parada no magnolio centenario, polo muíño das Aceñas e o tanque de tormentas que se atopa nas súas inmediacións e hoxe mesmo alumnado de primeiro e segundo de Primaria do Ponte de Xuvia -44 menores- decoraron patinetes e cascos de bicicleta nas aulas. A programación desta semana continuará mañá no IES As Telleiras, con rapazas e rapaces de primeiro da ESO que participarán nun obradoiro teórico sobre “A importancia dun segundo”, no que abordarán os riscos do consumo de alcohol e drogas e un obradoiro práctico no que parte do alumnado porá unhas gafas coas que se simula a conducción con síntomas de consumo das citadas substancias. Así mesmo, o xoves preto de 130 menores do CRA do Val, de Infantil e Primaria, asistirán a unha exhibición de vehículos de emerxencia, na que estarán entre outros algúns da Policía Local e do Speis de Narón en un obradoiro de Primeiros auxilios, este último para alumnado de terceiro e cuarto de Primaria. As propostas para este mes continuarán a vindeira semana noutros centros de ensino da cidade e culminarán o vindeiro 21 de maio cunha marcha ciclista virtual na que participarán preto de 1.400 escolares.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal