Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA O PROGRAMA CONCILIAVERÁN NA ESCOLA DE DOMIRÓN E OS CAMPAMENTOS DE VERÁN NO PAZO DA CULTURA PARA FACILITAR A CONCILIACIÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Igualdade, Mar Gómez, presentaron as dúas iniciativas de conciliación que se desenvolverán este verán na cidade
Narón, 14 de maio de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Igualdade, Mar Gómez, presentaron unha nova edición do programa municipal ConciliaVerán, dirixido a menores de Narón nados entre 2009 e 2017, empadroados ou escolarizados na cidade e que traballen os dous membros parentais (pai, nai, custodio/a, titor/a…). A rexedora local avanzou que “o servizo é de balde e desenvolverase na escola de Domirón (CRA) do 28 de xuño ao 3 de setembro, de luns a venres e cun total de noventa prazas”. A edil de Igualdade explicou que as quendas serán do 28 de xuño ao 9 de xullo; do 12 ao 23 de xullo; do 26 de xullo ao 6 de agosto; do 9 ao 20 de agosto e do 23 de agosto ao 3 de setembro. “Para que este servizo de conciliación chegue ás máximas familias posibles tan só é posible solicitar unha quenda, aínda que na solicitude deberase indicar a orde de preferencia noutras quendas por se non tivesen praza na elixida como primeira opción”, apuntou Gómez. Así mesmo, a alcaldesa indicou que “haberá servizo de madrugadores de 8.00 a 9.00 horas para deste xeito facilitar a conciliación, e unha vez na escola de Domirón os menores participarán entre as 9.00 e as 14.00 horas nunha gran variedade de actividades educativas e lúdicas”. Ferreiro explicou que este programa centrarase nunha temática xeral que este ano “apostará por facer máis visibles a figuras femininas que destacaron na historia en diferentes ámbitos”. As actividades programadas en cada unha das quendas centrarase polo tanto nas persoas de Ánxeles Alvariño, Ánxela Ruíz, Elisa e Marcela, Maruxa Mallo e Eugenia Pereira. A maiores, tamén haberá servizo de acompañamento ata a recollida entre as 14.00 e as 15.00 horas para aquelas familias que precisen unha franxa horaria maior para poder recoller aos menores debido á súa situación laboral. As prazas adxudicaranse realizando un sorteo, cuxa data de realización se anunciará previamente dende o Concello. Para obter máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario municipal, no primeiro andar do Concello. As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo dende o 18 ao 28 de maio a través do Rexistro municipal, da Sede Electrónica do Concello ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica do Concello naronés. Así mesmo, a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura anunciou que tamén este verán se programaron por segundo ano os “Campamentos de verán” no Pazo da Cultura, que terán lugar do 5 de xullo ao 13 de agosto en horario de 8.00 a 14.00 horas de luns a venres. Trátase dunha iniciativa dirixida a menores de 3 a 12 anos –tendo preferencia os empadroados no Concello de Narón- e que se levará a cabo en seis quendas dunha semana cada unha delas. “Os rapaces e rapazas terán a oportunidade de participar en diferentes actividades, como baile, manualidades, en xogos, participar en excursións pola zona… co fin de implicalos en actividades lúdicas pero tamén algunhas formativas e outras programadas ao aire libre, para fomentar o deporte e o coñecemento do entorno”, explicou Ferreiro. O prazo de inscrición nos “Campamentos de verán” do Padroado da Cultura comezará o 1 de xuño e as instancias deberán cumplimentarse nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres entre as 9.30 e as 13.30 horas. As matrículas realizaranse por semanas, tendo unha taxa por ordenanza de 11,20 euros cada unha delas por persoa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal