UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ MAÑÁ NAS INMEDIACIÓNS DO CENTRO DE SAÚDE DO ALTO
O persoal da unidade estará operativo en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas
Narón, 18 de maio de 2021. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanecerá mañá nas inmediacións do centro de saúde do Alto, en horario de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas. As persoas que acudan a doar deben almorzar previamente e despois de xantar esperar dúas horas antes da doazón.
Dende ADOS recordouse que é preciso levar a tarxeta de doazón, DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que se estea tomando algún medicamento.
Debido á actual situación sanitaria tamén se recomenda solicitar cita previa, chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.